Ir o contido principal
STG

O Museo de Historia Natural impulsa o obradoiro para nenos ‘Detective de fósiles: unha pegada histórica’

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
O taller que se desenvolverá o sábado 28 de setembro oferta un máximo de trinta prazas dirixidas a rapaces de entre 6 e 12 anos

O Museo de Historia Natural da USC organiza o vindeiro 28 de setembro a partir das 11.00 horas o obradoiro ‘ Detective de fósiles: unha pegada histórica’, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. O biólogo Xabier Santiso será o encargado de impartir o taller para o que se ofertan un máximo de trinta prazas.

Este obradoiro aspira a que o alumnado coñeza o que é un fósil e distinga algúns dos máis relevantes mediante a creación dunha réplica. Valorar os fósiles coma unha fonte de información sobre a historia do planeta, entender o labor dun investigador e relacionar os fósiles e as rochas son tamén obxectivos deste taller.

A través de actividades e xogos, esta actividade sirve para introducir ao alumnado no apaixonante mundo dos fósiles, a súa formación e tipoloxía. Os nenos e nenas aprenderán, deste xeito, a facer réplicas de fósiles e visitarán o museo na busca dos mesmos.

A reserva de praza pode efectuarse no enderezo electrónico visitas.museohistorianatural [at] usc.es (visitas[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es) polo menos con dous días de antelación ao inicio do obradoiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.