Ir o contido principal
STG

O Museo de Historia Natural retoma a súa actividade baixo estritas medidas de seguridade

Polo de agora, non se acollerán visitas con guía
Polo de agora, non se acollerán visitas con guía
Para posibles rastrexos, os visitantes deberán deixar os seus datos que serán gardados polo MHN durante catorce días
Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural (MHN) da USC acaba de retomar a súa actividade habitual baixo estritas medidas de seguridade por mor da pandemia da COVID-19. Os visitantes están obrigados a empregar máscara facial, á toma de temperatura, á desinfección de calzado e mans, e a manter a distancia de seguridade mínima de 1,5 metros. Cada primeiro mércores de mes, as vistas libres son de balde.

“Eliminamos pantallas táctiles para evitar zonas de risco, instalamos para todos os visitantes un itinerario de frechas para que non haxa aglomeracións e limitamos o aforo a 75 persoas, sendo 20 o máximo número por grupo”, explican dende o Museo. Polo de agora, non se acollerán visitas con guía; asemade, recoméndase o pago con tarxeta. Para o rastrexo de posibles positivos ou contactos dos mesmos, os visitantes deberán deixar os seus datos e o MHN terá que gardalos durante catorce días.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.