O Museo de Historia Natural da USC celebra o martes unha xornada de portas abertas
Con motivo do Día Internacional dos Museos o vindeiro martes, 18 de maio, o Museo de Historia Natural da USC celebrará unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a súa historia e o futuro deste centro de divulgación de cultura científica.
En 2011 o Museo será obxecto de profundos cambios, unha andaina para a que “é fundamental a colaboración de todos”. Por iso os seus responsables animan á comunidade universitaria a que se acheguen ao centro e así poidan facerlles chegar as súas suxerencias e opinións.
Ese día o Museo, emprazado na Facultade de Química de Santiago, abrirá en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.