Ir o contido principal
STG

Ofrecen claves para a internacionalización das empresas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle este martes unha xornada sobre claves para a internacionalización das empresas organizada pola Asociación Española de Marcas Rexistradas en colaboración co Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior. Na inauguración da xornada participaron o director xeral da Asociación, Miguel Otero, e o director do Igape, Javier Aguilera. A continuación, a secretaria xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, Dª María Luisa Poncela García, impartiu a conferencia ‘A estratexia española de ciencia, tecnoloxía e innovación: O recoñecemento de España como país innovador’. A sesión continuou con dúas mesas redondas sobre os factores claves para a competitividade empresarial e as sinerxías entre innovación, internacionalización e marca nas que interviñeron o director xeral de Estratexia de TELEVES, José Luís Rodríguez Carneiro; o director de I+D+i de Conservas CALVO, Antonio Cuevas; o director de Mercadotecnia de UROVESA, Xusto Sierra; a subdirectora xeral de APPLUS+, María José Louzao; o director de Novos Negocios de GAES, Joan Gassó; o conselleiro delegado de ELZABURO, Antonio Tavira; o director de Mercadotecnia e Vendas de FINSA, Virgilio Romeu; xunto a destacados investigadores e académicos como o director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García; o director da Cátedra UNESCO de Emprendemento, Carlos Hernández; ou o director do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, Miguel Anxo Otero.

Desde o seu inicio no ano 1991, o posgrao da USC mantén unha relación estreita coas empresas e institucións involucradas no ámbito da internacionalización co obxectivo de contribuír á formación do seu alumnado e colaborar na expansión internacional das empresas galegas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2013.