Ir o contido principal
STG

Oito mil estudantes de bacharelato se achegaron ao stand da USC no 'Forum Orienta 2007'

Representantes da USC informaron aos numerosos estudantes de bacharelato que participaron no Forum Orienta 2007
Representantes da USC informaron aos numerosos estudantes de bacharelato que participaron no Forum Orienta 2007

O posto informativo que a USC tiña emprazado no ‘Fórum Orienta 2007’ celebrado esta semana no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, recibiu a visita de oito mil estudantes de bacharelato interesados en coñecer a actividade formativa e de servizos da institución.
A Universidade compostelá tiña dividido o seu stand en varias áreas dedicadas ás Ciencias da Saúde, Sociais e Xurídicas, Experimentais, Humanidades e unha exclusiva na que se informaba dos títulos propios. Ademais, durante os catro días do fórum os estudantes tiveron a oportunidade asistir a demostracións prácticas sobre a metodoloxía que se utiliza nos xacementos arqueolóxicos, un experimento de Química e unha sesión informativa sobre a vida diaria dos universitarios nos Campus de Santiago e de Lugo, esta última organizada polo Programa ‘A Ponte’.
Xa entre as actividades de carácter lúdico, a USC ofreceulles aos estudantes de bacharelato exhibicións deportivas de capoeira, Tai-Chi, danza do ventre e esgrima, así como unha representación dunha peza teatral a cargo do grupo de teatro desta universidade.
Ao longo deste encontro educativo visitaron o stand da Universidade de Santiago o vicerreitor de Relacións Institucionais, os decanos de Química, Ciencias da Comunicación, Filoloxía e Psicoloxía e a vicedecana de Bioloxía, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2007.