O papel da gandería no desenvolvemento económico a debate na EPS
‘O papel da gandería no desenvolvemento económico, 1865-1960’ é o título da sesión que organiza o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) este xoves, día 26, ás 19:00 horas no Seminario II da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.
O encargado de impartir esta xornada será o licenciado en Historia e profesor de ensino medio, Antonio Bernárdez Sobreira. A próxima cita deste programa de relatorios organizado polo IDEGA celebrarase o vindeiro día 10 de maio para falar da xestión das terras de Galicia.