Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

O papel dos medios de comunicación no contexto da crise centrou unha nova mesa redonda da iniciativa ‘Na encrucillada’

Parte do público asistente á mesa redonda sobre medios de comunicación e crise organizada pola plataforma 'Na encrucillada'. Na primeira fila, a decana da Facultade de Humanidades, Mª Isabel González...
Parte do público asistente á mesa redonda sobre medios de comunicación e crise organizada pola plataforma 'Na encrucillada'. Na primeira fila, a decana da Facultade de Humanidades, Mª Isabel González...
Tras rematar coas citas previstas inicialmente, os responsables da plataforma non descartan a posibilidade de retomar a actividade a partir do mes de maio

A iniciativa ‘Na Encrucillada. Universidade en debate’, unha plataforma creada por diferentes colectivos de profesores, alumnos, investigadores e persoal de servizos da USC no Campus de Lugo para analizar e debater a actual situación económica nas súas distintas vertentes, organizou o xoves 19 unha mesa redonda sobre o papel dos medios de comunicación na actual situación de crise económica. No debate, que se celebrou no salón de actos da Facultade de Humanidades, interviñeron o profesor e director de Comunicación da USC, Lois Celeiro; a redactora de La Voz de Galicia na delegación de Lugo, Dolores Cela; a presidenta da Asociación da Prensa de Lugo e redactora de El Progreso, Sabela Corbelle; a xornalista e historiadora Isabel Gómez Rivas; e o director do xornal dixital Praza Pública, Marcos Pérez Pena. A mesa redonda estivo moderada pola escritora e profesora da USC Carmen Blanco. Aínda que esta era a última acción programada inicialmente no marco da plataforma ‘Na encrucillada’, os seus responsables non desbotan a posibilidade de organizar novos encontros de cara ao mes de maio. Toda a información relativa a esta iniciativa pode consultarse no blog http://naencrucillada.blogspot.com.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2012.