Ir o contido principal
STG

Os participantes no coloquio da Sociedade de Lingüística Funcional dedican a última xornada a coñecer a provincia

Os participantes no XXI Coloquio da Sociedade de Lingüística Funcional que se celebra ao longo desta semanan na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo dedican a última das xornadas a coñecer lugares turísticos da provincia.
Deste xeito, visitarán a Praia das Catedrais pola mañá, á que teñen previsto chegar ás 12:30 horas, e despois de comer en Foz partirán cara Mondoñedo, onde chegarán ás 17:00 horas. Alí gozarán da catedral e o seu museo ata que ás 19:00 horas volten a Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2007.