Ir o contido principal
STG

Persoal científico de primeira liña analizará o medioambiente en Galicia dende unha óptica multidisciplinar

Persoal científico de primeira liña analizará o medioambiente en Galicia dende unha óptica multidisciplinar
Persoal científico de primeira liña analizará o medioambiente en Galicia dende unha óptica multidisciplinar

O medioambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ é o título do curso de verán da USC que entre os días 16 e 19 de xullo reunirá na Facultade de Química de Santiago a especialistas de toda España nos máis diversos ámbitos de estudo. Entre outras cuestións, o curso analizará os recursos dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do ‘Prestige’, o ciclo da auga na Reserva da Biosfera ‘Terras do Miño’, o papel do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia no control da contaminación, os aspectos máis recentes da economía do cambio climático ou as novas perspectivas nestes estudos. Dirixido por José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez, o programa contempla intervencións do investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín Jesús González; do catedrático de Zooloxía Mariña da USC, Victoriano Urgorri; da directora do Laboratorio Medioambiente da Xunta, Mª Luz Macho; e do coordinador da Sección de Predición Operativa de MeteoGalicia, Juan Taboada Hidalgo. As persoas asistentes terán a oportunidade ademais de visitar o Laboratorio de Medioambiente de Galicia no Polígono da Grela e a contorna fluvial do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense cun percorrido por diversas instalacións medioambientais. O curso está recoñecido como actividade homologada de formación permanente do profesorado non universitario por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2012.