Ir o contido principal
STG

Posta a punto dos estudos sobre Pardo Bazán e Galdós na Facultade de Filoloxía

Posta a punto dos estudos sobre Pardo Bazán e Galdós na Facultade de Filoloxía
Posta a punto dos estudos sobre Pardo Bazán e Galdós na Facultade de Filoloxía

Entre outros grupos de investigación, no Departamento de Literatura española da USC desenvolven unha importante actividade os de Estudos Galdosianos (GREGAL) e o Emilia Pardo Bazán (GI-1375), liderados respectivamente por Ermitas Penas Varela e José Manuel González Herrán.

Como parte das actividades dos seus proxectos, ‘Edición e estudos críticos da obra literaria de Benito Pérez Galdos’ e ‘Edicións e estudos sobre a obra literaria de Emilia Pardo Bazán’, esta semana celebran na Facultade de Filoloxía un encontro no que participan investigadores da USC así como doutras universidades españolas e francesas e institutos de secundaria de Galicia e Francia de ambos os dous grupos que exporán, e someterán a debate, a situación e resultados dalgunha das súas investigacións.

A cita científica ‘Benito Pérez Galdós-Emilia Pardo Bazán’ inaugurouse esta mañá e a continuación o profesor González Herrán pronunciou a conferencia ‘Para unha edición de Poema humilde. Cuentos para las Américas II, de Emilia Pardo Bazán’ e Ermitas Pernas fixo o propio con ‘Erratas e erros textuais na primeira edición da terceira serie dos Episodios nacionales galdosianos’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2015.