Ir o contido principal
STG

Presentación do Barómetro de Xestión Municipal da provincia da Coruña

O reitor Juan Casares e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso, presentarán este martes 27 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC o Barómetro de Xestión Municipal da provincia da Coruña. Elaborado polo grupo de investigación de Análises Políticas, o traballo que se presentará este martes 27 está dirixido pola profesora Nieves Lagares que tamén participará na presentación xunto ao director do Departamento de Ciencia Política e da Administración, José M. Rivera Otero. O acto de presentación comezará ás 11.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2014.