Ir o contido principal
STG

Presentación da campaña de verán das visitas guiadas ao patrimonio histórico da USC

A Vicerreitoría de Cultura da USC, dentro do seu Plano de Conservación, Difusión e Posta en valor do Patrimonio Científico, Técnico, Histórico-artístico, Cultural e Paisaxístico da USC que busca o achegamento da cultura universitaria a través da posta en valor do seu patrimonio, abre esta semana a campaña de verán das visitas guiadas ao patrimonio histórico da USC, que terá continuidade ao longo de todo o ano.
Esta nova andaina do programa Universidade Viva será presentada en roda de prensa este xoves, día 7, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nun acto no que participarán o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, e a coordinadora do programa, Lanzada Calatayud.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2007.