Ir o contido principal
STG

Presentación do V Curso de Primavera da Facultade de Humanidades

Este martes 21, ás 12:15 horas presentarase na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo a quinta edición do Curso de Primavera da Facultade de Humanidades, que leva por título ‘Os dereitos humanos, unha ollada múltiple’, e que se desenvolverán no centro lugués a partir do 4 de maio.
Este curso está organizado polo Convenio Lugo Cultural e no seu acto de apertura estarán presentes o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, acompañado polos organizadores do curso, Beatriz Fernández, Alexandre Veiga e Carme Silva, e pola concelleira de Economía, Sonia Méndez, o xefe de Servizo de Difusión e Creación Cultural da Xunta de Galicia, Rafael Vizcaíno; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2009.