Ir o contido principal
STG

Presentación dun informe sobre indicadores de xénero no emprendemento de I+D+i

Cartel da xornada de presentación do vindeiro 15 de febreiro
A xornada celebrarase o próximo 15 de febreiro
O estudo presentarase nunha xornada en Madrid que se poderá seguir en streaming previa inscrición

Desenvolvido no marco do programa Innovatia 8.3, o vindeiro 15 de febreiro o Instituto das Mulleres e o Observatorio de Xénero e Economía do Colexio de Economistas de Madrid presentarán o estudo ‘Indicadores de xénero no emprendemento de I+D+i’. O informe permitirá “analizar, comprender e achegar ferramentas para corrixir nesgos de xénero no emprendemento universitario, con especial atención ao baseado na tecnoloxía e no coñecemento implementado nas universidades e centros de investigación.

A presentación do informe desenvolverase no transcurso dunha xornada que se pode seguir en streaming,  para o que será preciso inscribirse previamente.

Este estudo ten como obxectivo definir novos indicadores específicos en materia de xénero que permitan coñecer as desigualdades entre homes e mulleres a nivel nacional dentro do ámbito do emprendemento. Trátase do primeiro estudo de alcance estatal que se realiza con datos corporativos dun amplo conxunto de universidades o que supón un gran reto ao carecer de estándares previos para a recollido, almacenaxe e xestión dos datos resultantes da actividades investigadora.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2024.