Presentación do libro 'De Pharmaceutica Scienta. 150 Años de la Facultad de Farmacia (1857- 2007)'
Con motivo da conmemoración do seu 150 Aniversario, a Facultade de Farmacia acolle este venres, día 27, a presentación do libro De Pharmaceutica Scienta. 150 Años de la Facultad de Farmacia (1857- 2007) no que se repasa a historia deste centro docente compostelá.
Ao acto, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Graos do centro, asistirán a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso; o decano da Facultade de Farmacia, José Miñones; o secretario executivo do Consello Social, Benigno Carril; a secretaria xeral da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios, Cristina Rey; a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de A Coruña, Rosa María Lendoiro; Juan Conde Roa como representante do Consorcio de Santiago; e o coordinador da publicación, Santiago Sanmartín, xunto coa súa axudante Beatriz Brasa.