Ir o contido principal
STG

Presentación do libro Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950)

O investigador da USC Daniel Lanero presentará este mércores, día 16, o seu libro Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950), editado polo propio concello.
Á presentación, que terá lugar ás 12:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, asistirán, ademais do autor, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e o alcalde de Arzúa, Xaquín García Couso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2007.