Ir o contido principal
STG

Presentación en Lugo dos Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela

A USC presentará este mércores, día 16, nunha roda de prensa no Campus de Lugo a programación dos seus cursos de verán que na provincia inclúen citas en Lugo, O Courel, Foz e Sarria, abordando temáticas tan diferentes como a guerra civil, a xustiza, a hidratación e a saúde, as enerxías renovables, a formación do profesorado ou os espazos protexidos.
Os cursos previstos serán explicados nun acto que terá lugar na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo este mércores ás 11:30 horas e ao que acudirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elias Torres Feijó, e a encargada da Oficina de Cultura do Campus de Lugo, Paloma Lugilde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2007.