Ir o contido principal
STG

Presentación de tres novos volumes sobre o teatro de Calderón de la Barca

Unha biografía e dúas obras sobre aspectos concretos da obra de Calderón de la Barca son os tres volumes que o vindeiro luns se presentarán na Facultade de Filoloxía dentro das actividades do II Seminario Internacional Calderón de la Barca. Estes tres volumes, que se presentarán nun acto previsto para o luns 14 ás 12:30 horas no Salón de Graos deste centro compostelán, son da autoría doutros tantos integrantes do Grupo de Investigación Calderón da USC (GIC), dirixido polo profesor Luis Iglesias Feijoo e integrado no Proxecto Consolider-Ingenio ‘Patrimonio Teatral Clásico Español’. Os traballos forma parte dunha liña de traballo que está levando a cabo a edición de todo o teatro de Calderón de la Barca. As obras que se presentarán son Pedro Calderón de la Barca. Cuarta parte de comedias, de Sebastian Neumeister; Don Pedro Calderón, de Don W. Cruickshank; e Psique y alegoría. Estudios del auto sacramental español desde sus comienzos hasta Calderón, de Gerhard Poppenberg. Seminario O II Seminario Internacional Calderón de la Barca contará na primeira quenda de intervencións coa participación de investigadores do University College (Dublín), Universidade de París-X e da Freie Universitat Berlin, tratando cuestións relacionadas co tratamento do cómico, a función da carta na comedia ou a lectura de La vida es sueño, de Calderón.

Na segunda parte do Seminario debaterase sobre a presenza da política e o imperialismo na España do Século de Ouro ou as claves políticas no teatro de Calderón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2010.