Ir o contido principal
STG

Presentación do proxecto ESTALMAT de Estímulo do Talento Matemático

A Facultade de Matemáticas da USC lidera en Galicia a posta en marcha deste proxecto

Detectar, orientar e estimular de maneira continuada, ao longo de sesións semanais durante dous anos, o talento matemático excepcional de estudantes de 12 e 13 anos é o obxecto do Proxecto ESTALMAT de Estímulo do Talento Matemático, promovido pola Real Academia de Ciencias e co patrocinio da Fundación Vodafone España. O proxecto, que xa está a ser desenvolvido en varias Comunidades Autónomas, porase en marcha proximamente en Galicia liderado pola Facultade de Matemáticas da USC.
As características da iniciativa, prazos e convocatoria presentaranse este mércores, día 16, nunha roda de prensa a celebrar ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Asistirán o decano de Matemáticas, Juan Viaño; a xefa de estudos do IES de Elviña (A Coruña), Mercedes Feijó; o profesor de Matemáticas da USC Óscar López; e o docente de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Enrique Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2007.