Ir o contido principal
STG

Presentación da quinta edición do programa ConCiencia de divulgación científica

Organizado pola USC coa colaboración do Consorcio de Santiago, o programa trae á cidade a persoeiros da máxima relevancia científica, todos eles Premios Nobel ou equivalentes

Catro científicos da máxima relevancia mundial visitarán en datas próximas a cidade de Compostela para participar na quinta edición do Programa ConCiencia que organiza a USC en colaboración co Consorcio de Santiago.
O programa previsto para esta edición presentarano en rolda de prensa este venres, 26 de marzo, o reitor da USC, Senén Barro; o presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo; o director do programa, o profesor da USC Jorge Mira; e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva. A presentación terá lugar ás 11:00 horas na sede do Consorcio (r/ do Vilar, 59).
Nas pasadas edicións participaron en ConCiencia os Premios Nobel de Física Frank Wilczek, Gerardus ‘t Hooft, Heinrich Rohrer e James Watson Cronin; de Medicina e Fisioloxía Torsten N. Wiesel e Harold Elliot Varmus; de Química Richard R. Ernst, Karl Barry Sharpless, Jean-Marie Lehn e Roger David Kornberg; de Economía, John Nash; o Premio Abel Peter Lax; a Medalla Fields Michael F. Atiyah e o Premio Turing Frances Elizabeth Allen.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2010.