Presentación das XII Xornadas Internacionais de Enfermaría no Campus de Lugo
A Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo presenta este luns, día 19, as XII Xornadas Internacionais ‘Enfermaría. Encontro. Europa’ que se celebrarán no Auditorio da Facultade de Veterinaria os días 21, 22 e 23 de marzo.
Organizado coa colaboración do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, o encontro ten por obxectivo analizar e debater a incorporación desta titulación ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior. Está dirixido tanto a profesores de escolas de enfermería como a enfermeiros profesionais e alumnos universitarios.
Ao acto de presentación, que se celebrará na Escola Universitaria de Enfermaría ás 13:00 horas no Salón de Graos, acudirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Miguel Ángel Fernández López; o presidente do Colexio de Enfermaría, Miguel Fernández Méndez; e o director da Escola, José Luis Díaz López.