Ir o contido principal
STG

Presentado en Valladolid o libro La narrativa de Delibes, editado pola USC en colaboración coa Fundación Miguel Delibes

De esquerda a dereita, Fernando Zamácola, Alfonso Rey e Elisa Delibes
De esquerda a dereita, Fernando Zamácola, Alfonso Rey e Elisa Delibes
A obra é unha ampliación e revisión dunha monografía previa de Alfonso Rey, catedrático de Literatura Española
Lugo, Santiago de Compostela

O catedrático de Literatura Española Alfonso Rey acaba de presentar na Fundación Miguel Delibes en Valladolid o seu libro La narrativa de Delibes (1948-1998). Cambio y tradición , editado polo Servizo de Publicacións da USC en colaboración coa Fundación Miguel Delibes. A obra é unha ampliación e revisión dunha monografía previa do profesor Rey publicada en 1975, La originalidad novelística de Delibes, que incorpora todas as obras publicada por Delibes dende entón, actualiza a bibliografía e matiza diversas afirmacións ao tempo que focaliza con maior claridade o contexto histórico e literario do gran novelista. O libro está editado dentro da serie Académica do selo de calidade certificada (ISO 9001:2015) USC Editora.

A colaboración da editorial universitaria coa Fundación Delibes, inscríbese, en opinión do director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, na “consecución de alianzas editoriais coas máis variadas entidades e institucións, aproveitando para tal fin o valor da marca USC capaz de concitar ao seu redor as máis diferentes sensibilidades e proxectos sempre que exista a posibilidade de confluír nunha finalidade compartida”.

No acto de presentación, ao que asistiu numeroso público, participaron o autor do libro, a presidenta da Fundación Miguel Delibes, Elisa Delibes de Castro, e o director da mesma, Fernando Zamácola.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2023.