Presentarán en Ciencias Económicas un libro sobre casos de desenvolvemento rexional
O grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e DEsenvolvemento) organiza dentro da programación do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación a presentación do libro Casos de desenvolvimento regional que coordina o profesor Rui Nuno Baleiras. A sesión celebrarase este xoves 19 a partir das 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
“Nun tempo en que, cada vez máis, se tornan claros os riscos de valorización excesiva do curto prazo, vale a pena dar atención aos temas e aos procesos que condicionan a melloría sustentable da calidade de vida. É diso do que se preocupa o desenvolvemento rexional”. Deste xeito explica o profesor Baleiras o alcance do libro, ao que cualifica de “diferente” no contido e na forma.