Ir o contido principal
STG

Preséntase o libro Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal, de Ricardo Gurriarán

O Colexio de San Xerome é o escenario escollido para presentar o volume Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal da autoría de Ricardo Gurriarán Rodríguez. O libro edítao a Deputación da Coruña co gallo do Día da Galeguidade Empresarial instituído polo Foro Enrique Peinador. A presentación terá lugar este martes 13 ás 11.30 horas no Salón Reitoral nun acto no que intervirán, ademais do autor, o reitor Juan Viaño e o presidente do Foro Pinador, Xosé González Martínez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2015.