Preséntase un libro que resume os actos do 150 aniversario da Facultade compostelá de Farmacia

O profesor da USC Alfonso Castiñeiras Campos presentará este mércores 24 o libro Compendio de los actos del 150 aniversario de la Facultad de Farmacia de la Universidad de Santiago de Compostela 1857-2007.O acto, que se desenvolverá ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, contará coa asistencia do actual decano do centro, Juan José Torres Labandeira, e do que o foi durante a celebración do 150 aniversario, José Miñones Trillo.