Ir o contido principal
STG

Preto dun cento de persoas realizan este domingo o exame Noken de coñecemento da lingua xaponesa

Preto dun cento de persoas realizan este domingo o exame Noken de coñecemento da lingua xaponesa
Preto dun cento de persoas realizan este domingo o exame Noken de coñecemento da lingua xaponesa

Preto dun cento de persoas matriculáronse para a realización do examen NOKEN de coñecemento da lingua xaponesa e que o Centro de Linguas Modernas celebrará este domingo 7 a partir das 9.00 horas na Facultade de Filoloxía de Santiago. A USC, xunto coas universidades de Granada, Autónoma de Barcelona e Autónoma de Madrid son as únicas que realizan este exame oficial en España.

NOKEN está tutelado e organizado a nivel mundial pola Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno Xaponés con competencias culturais. O exame Noken realízase unha vez ao ano en España, o primeiro domingo de decembro de cada ano. O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e está recoñecido en todo o mundo como a proba oficial de ter alcanzado un determinado nivel de coñecemento da lingua xaponesa. O exame NOKEN outorga ás persoas que o superen un importante valor curricular á hora de formarse en calquera universidade xaponesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2014.