Ir o contido principal
STG

A primeira sordocega total que conseguiu un grao universitario en España conta en Psicoloxía a súa experiencia

Gennet Corcuera, primeira sordocega total que conseguiu un grao universitario en España, visitará esta semana a Facultade de Psicoloxía para contar a súa experiencia persoal de superación e promoción e á vez falar de Hellen Keller, a primeira en Estados Unidos que logo se volveu unha activista moi implicada nas loitas sindicais dos 60.

A charla de Gennet Crucuera en Psicoloxía, de entrada libre e con intérprete de lingua de signos, será este xoves 21 ás 12.30 horas no salón de actos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2013.