As probas do exame oficial de xaponés ten lugar este domingo na USC
A Facultade de Filoloxía será este domingo, 1 de decembro, o lugar de celebración dos exames oficiais de nivel de lingua xaponesa NOKEN que organiza o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC con Japan Foundations. A institución compostelá é dende hai dous anos un dos tres centros autorizados para esta proba en España, xunto coas universidades Autónoma de Madrid e Autónoma de Barcelona. O NOKEN (Nihongo nōryoku shiken) está tutelado e organizado internacionalmente pola Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés con competencias culturais. O NOKEN realízase unha vez ao ano en España e ten lugar sempre no primeiro domingo de decembro. O exame NOKEN outorga ás persoas que o teñan superado un importante valor curricular á hora de formarse en calquera Universidade xaponesa, solicitar calquera bolsa educativa ao goberno xaponés ou para traballar en calquera empresa xaponesa, radicada en Xapón. O alemán, o máis demandado Ademais do exame oficial de xaponés, ao que se presentaron o pasado curso 88 persoas, o CLM é tamén centro delegado examinador de italiano, alemán e español como lingua estranxeira.
Todas elas, probas que experimentaron unha considerable suba no número de estudantes examinados, de maneira especialmente indicativa no caso de alemán, que pasou dos 5 no curso 2010-2011 aos 125 do pasado ano académico.