Ir o contido principal
STG

As probas de idiomas dos cursos do CLM para o Persoal de Administración e Servizos celébranse este xoves 21

O Persoal de Administración e Servizos que opte a algunha das prazas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) lle ofrece nos grupos de linguas estranxeiras (inglés, francés, alemán e italiano) deberá realizar este xoves 21 as probas de nivel. Unicamente quedarán exentos quen teña superado o curso do CLM en 2009-2010 ou quen xa as realizara os días 6 ou 13 de outubro. No Campus de Lugo, estas probas celebraranse na Facultade de Humanidades, concretamente ás 16:00 horas na Aula 1 do CLM para a de inglés, ás 17:00 horas na Sala do CRI para as probas de alemán, e a partir das 18:00 horas na mesma sala para as de lingua francesa. En Santiago as probas celebraranse na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais comezando con inglés ás 16:00 horas no Seminario 04, para continuar con francés dende as 18:00 horas no Seminario 02. O Seminario 03 acollerá a partir das 19:30 horas as probas correspondentes a alemán. A matrícula formalizarse o venres 22 de forma presencial na Sala do CRI da Facultade de Humanidades (Lugo) entre as 17:00 e as 19:00 horas e na secretaría do CLM na Facultade de Filoloxía de Santiago no mesmo horario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2010.