Ir o contido principal
STG

As probas da Olimpíada Matemática Galega 2011 celébranse este venres en Santiago

As probas da Olimpíada Matemática Galega 2011 celébranse este venres en Santiago
As probas da Olimpíada Matemática Galega 2011 celébranse este venres en Santiago
Nun acto previsto ás 21:00 horas na Facultade de Matemáticas baixo a presidencia do reitor Juan Casares, darase a coñecer a relación de gañadores das probas

As probas da Olimpíada Matemática Galega 2011 celebraranse este venres 21 a partir das 10:00 horas na Universidade de Santiago, convocadas pola Real Sociedade Matemática Española para o alumnado de Bacharelato na que xa é a súa corenta e sete edición. Na Facultade de Matemáticas compostelá, as probas realizaranse en dúas sesións, á mañá e á tarde, na que os participantes terán que resolver tres problemas, nos que prima máis a capacidade e habilidade de razoar que a cantidade de coñecementos adquiridos. Correspondente á Fase Autonómica da Olimpíada Matemática Española, das probas deste venres sairá o Equipo Olímpico que representará a Galicia na Fase Nacional que este ano se celebra en Pamplona, do 24 ao 27 de marzo. A composición do equipo galego darase a coñecer o mesmo venres nun acto ás 21:00 que contará coa presenza do reitor da USC, Juan Casares Long; da decana da Facultade de Matemáticas, Victoria Otero Espinar; do secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e do coordinador do Programa A Ponte da USC, Luis María Hervella Torrón. Os estudantes que ocupen as seis primeiras prazas na Fase Nacional representarán a España nas competicións internacionais, como a52nd International Mathematical Olympiad, en Ámsterdan (Holanda) no mes de xullo, ou aXXVI Olimpiada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Costa Rica no mes de setembro.

Na paxina web da Olimpíada Matemática Galega http://www.usc.es/olympia pódense consultar as bases da presente convocatoria, detalles das pasadas edicións en Galicia, resultados dos equipos galegos nas fases nacionais, así como unsalón da fama coas relación completa das persoas que gañaron nas 46 edicións en Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2011.