Ir o contido principal
STG

O profesor Claudio Rodríguez Fer presenta en Lugo a edición bilingüe galego-inglés do seu poemario Tigres de tenrura

O xoves 29, ás 20.30 horas, preséntase na librería Biblos de Lugo a obra Tigres de ternura / Tender Tigers, do escritor e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo Claudio Rodríguez Fer, publicada pola Editorial Toxosoutos en edición bilingüe galego-inglés da catedrática e crítica norteamericana Kathleen N. March, con debuxos da ilustradora estadounidense Kimberleigh Martul-March.

Interveñen no acto o propio autor e a profesora norteamericana JoDee Anderson, vicedecana da Facultade de Humanidades de Lugo. A librería Biblos é un proxecto do antigo alumno deste centro Julián García García, que busca pretende converterse nun referente de animación cultural en Lugo en conexión directa co seu Campus Universitario.

O poeta Claudio Rodríguez Fer recibiu en 1981 o Premio da Crítica Española pola obra que agora se presenta en edición bilingüe, que o propio autor define como “un libro xuvenil, lúdico, erótico e vangardista” e que alcanzou tres edicións manuscritas entre 1981 e 1983, ilustradas por Carmen Blanco.

Claudio Rodríguez Fer, traducido a numerosos idiomas, é autor de medio cento de obras como poeta, narrador, autor teatral e ensaísta. Ademais do seu labor docente na Facultade de Humanidades, é director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago. Foi profesor nas universidades da Cidade de Nova York, de Bretaña Sur e da Alta Bretaña, onde foi investido este ano como Doutor Honoris Causa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2012.