O profesor do CSIC José Manuel Guisán analiza nunha conferencia en Química a proteómica en fase sólida
A Rede de Ciencias e Materiais Moleculares organiza este venres 22 unha nova actividade do seu programa de cursos, seminarios e conferencias coa presenza do profesor do Laboratorio de Enxeñaría de Biocatalizadores e Biotransformacións do Instituto de Catálise do CSIC, José Manuel Guisán.
Na súa visita á USC, o profesor Guisán pronunciará a conferencia titulada ‘Proteómica en fase sólida: Estudo de interaccións fortes e débiles proteína-proteína’. A sesión desenvolverase a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.