O profesor Ben Feringa intervén en Química convidado pola Rede de Ciencias e Materiais Moleculares
O profesor Ben Feringa, da Universidade holandesa de Groningen, pronunciará o luns 14 unha conferencia na Facultade de Química organizada pola Rede de Ciencias e Materiais Moleculares.
A intervención do profesor Feringa, ás 17:00 horas na aula 2.14 do centro, leva por título ‘Avances recentes en catálise asimétrica’.