O profesor Jean Pierre Majoral participa nas actividades formativas do POP en Ciencia e Tecnoloxía Química
O profesor do Laboratorio de Chimie de Coordination CNRS de Toulouse Jean Pierre Majoral impartirá os próximos días na Facultade de Química unha serie de seminarios encadrados nas actividades formativas do Programa Oficial de Posgrao en Ciencia e Tecnoloxía Química.
As intervencións do profesor Majoral celebraranse os días 13, 14 e 15, a partir das 10:00 horas na Aula Magna do centro compostelán, ao redor do tema ‘Dendrimers: design, characterization e applications.