Ir o contido principal
STG

O profesor Jordi Molas imparte tres seminarios sobre análise de políticas de innovación e emprendemento

O profesor Jordi Molas, do CSIC-Universidade Politécnica de Valencia, inicia este luns 23 unha estadía na USC ao longo da que vai impartir tres seminarios no marco do programa docente do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación organizado polo grupo ICEDE. ‘Avaliación ex-post de políticas e programas de I+D+i’ será o tema que tratará este luns 23, continuando o mércores 25 cunha sesión dedicada a ‘A terceira misión da Universidade: definicións e indicadores’, e o xoves 26 analizando cuestións relativas a ‘Innovación nas industrias de Defensa e Seguridade’.

As tres intervencións celebraranse en horario de 16:00 a 19:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2011.