Ir o contido principal
STG

O profesor Mario Amendola imparte un seminario sobre tecnoloxías skill-biased e políticas de educación

O profesor da Universidade La Sapienza de Roma Mario Amendola impartirá este xoves 31 un seminario incluído na programación académica do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, que organiza o grupo ICEDE e dirixe o catedrático Xavier Vence. O seminario, que leva por lema ‘Tecnoloxías skill-biased e políticas de educación’, desenvolverase en horario de 16:00 a 19:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Mario Amendola é docente e investigador no ámbito do crecemento económico e do cambio estrutural, centrándose as súas contribucións máis relevantes na explicación dos modelos dinámicos de crecemento e as súas vantaxes respecto dos enfoques tradicionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2011.