Ir o contido principal
STG

O profesor de Microbioloxía Germán Bou, elixido como académico de número da Academia de Farmacia de Galicia

O profesor Germán Bou Arévalo acaba de ser elixido como académico de número da Academia de Farmacia de Galicia. Bou Arévalo é docente do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e xefe de servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario da Coruña e director da área de Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.

É autor ou co autor de máis de 200 traballos científicos en revistas internacionais. As súas principais áreas de interese son os antibióticos e os seus mecanismos de resistencia así como as buscas de opcións diagnósticas, preventivas e terapéuticas fronte ás infección causadas por microorganismos multirresistentes. É inventor de oito patentes en relación con procesos diagnósticos en microbioloxía clínica así como no desenvolvemento de vacinas fronte patóxenos resistentes a antibióticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2017.