Ir o contido principal
STG

O profesor da Texas Tech University William L. Hase imparte unha conferencia na Rede de Ciencias e Materiais Moleculares da USC

O profesor da Texas Tech University William L. Hase participa este xoves 31 no ciclo de cursos, seminario e conferencias que a Rede de Ciencias e Materiais Moleculares organiza no presente curso 2006-2007.
O profesor Hase pronunciará a conferencia ‘Dynamics of energy transfer and fragmentation in surface-induced dissociation of protonated peptide ions’. Esta intervención desenvolverase a partir das 12:00 horas na Aula Química Técnica da Facultade de Química.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2007.