Ir o contido principal
STG

A profesora Emilia Vázquez Rozas toma posesión como decana de Ciencias Económicas e Empresariais

Resultou reelixida para o cargo o pasado mes de novembro

A profesora do Departamento de Economía Cuantitativa Emilia Vázquez Rozas tomará posesión este mércores como decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais logo da súa reelección nunha xunta de centro celebrada o pasado mes de novembro. O reitor Juan Viaño presidirá esta sesión protocolaria que se celebrará a partir das 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. No proceso de reelección, a candidatura da profesora Vázquez Rozas 77 votos a favor, os que hai que sumarlle 27 en branco e 1 nulo. Acompañarán á decana no seu equipo Alejandro Ballesteros Ron como vicedecano de Estudantes e Intercambios,Fidel Martínez Roget á frontede Asuntos Académicos,Leandro Benito Torres de Economía e Infraestruturas e Loreto Fernández Fernández como vicedecana de Innovación, Relacións coas Empresas e Institucións. Mercedes Tato Rodríguez é a secretaria . Emilia Vázquez Rozas Mª Emilia Vázquez Rozas imparte docencia sobre econometría para Economía e Administración e Dirección de Empresas, ademais de participar na docencia de doutoramento e posgrao. O seu labor investigador xira arredor da análise do crecemento económico, a economía rexional e sectorial e o emprendemento. É autora de numerosos relatorios a congresos nacionais e internacional, libros e publicacións en revistas nacionais e internacional de recoñecido prestixio.

Responsable e membro do consello de redacción da Revista Galega de Economía, ademais pertence á Asociación Española de Economía da Educación, á Asociación Española de Ciencia Rexional, a European Regional Science Association e á Regional Science Association International e é secretaria da Asociación Científica e Cultura de Modelización Económica Hispalín – Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2021.