Ir o contido principal
STG

A profesora de Humanidades María Xesús Nogueira participou en Lugo nunha homenaxe a Cunqueiro

A profesora de Humanidades María Xesús Nogueira participou en Lugo nunha homenaxe a Cunqueiro
A profesora de Humanidades María Xesús Nogueira participou en Lugo nunha homenaxe a Cunqueiro

A profesora da Facultade de Humanidades María Xesús Nogueira, autora de varios estudos sobre Álvaro Cunqueiro, participou este luns nunha homenaxe ao escritor mindoniense organizada polo Club Cultural Valle-Inclán con motivo do centenario do seu nacemento. A profesora Nogueira pronunciou a conferencia ‘As historias e as xentes de Álvaro Cunqueiro’ na que salientou tanto o recoñecemento internacional acadado pola súa obra como a admiración e o afecto dos lectores. Como pezas fundamentais da súa obra, con independencia do xénero cultivado, identificou o gusto por contar historias e a capacidade para deseñar personaxes orixinais e entrañábeis que adoitan responder a unha serie de modelos, algúns tan queridos polo escritor como o contador de historias ou o soñador.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2011.