A profesora Isabel Sández Macho tomará posesión do seu segundo mandato como decana de Farmacia
O reitor Juan Viaño presidirá este venres 27 a toma de posesión da profesora Isabel Sández Macho como decana da Facultade de Farmacia, cargo para a que resultou relixida nun proceso celebrado o pasado mes de decembro. A sesión celebrarase a partir das 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Isabel Sández Macho é doutora en Farmacia e profesora do Departamento de Química-Física. Foi investigadora principal en varios proxectos e pertence ao grupo de investigación Gi-1591: Fisicoquímica de Superficies. A decana é autora de numerosas publicacións no campo das monocapas superficiais e máis concretamente no estudo das interaccións de medicamentos fosfolípidos como compoñentes maioritarios das membranas celulares.