Ir o contido principal
STG

A profesora Marta Lois, nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Marta Lois, nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Marta Lois, nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Acompañarana no seu equipo José Caamaño, Amparo Novo e Alba Alonso

A profesora Marta Lois González acaba de ser elixida nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, tomando así o relevo do profesor Ramón Bouzas. A elección tivo lugar este venres nunha xunta de centro, cun resultado de vinte votos para a súa candidatura e dez para a da profesora Erika Jaráiz Gulías.

Acompañarán a Marta Lois no seu mandato un equipo “plural, de integración de todas as áreas da facultade”, explicou, de xeito que serán José Caamaño, de Economía Política, Amparo Novo, de Socioloxía, e Alba Alonso, de Ciencia Política.

Marta Lois
Doutora en Ciencia política e profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía, Marta Lois pertence ademais á Rede Armela de investigación en igualdade, dereitos e estado social. A súa investigación artéllase sobre unha serie de eixos complementarios que son a perspectiva de xénero e a análise das políticas públicas e a teoría política feminista.

Os seus traballos foron publicados en revistas e editoriais de referencia na disciplina, destacando Diz, I. / Lois, M. (2016) ‘El impacto de las cuotas sobre los ejecutivos autonómicos: presencia y características de la elite gubernamental autonómica’ en La Barbera; MC y Cruells, M (coords), ‘Igualdad de género y no discriminación en  España: evolución, problemas y perspectivas’, Madrid: Centro de Estudios políticos y Constitucionales; Verge, T & Novo, A & Diz, I & Lois, M (2015), ‘Género y Parlamento: impacto de la presencia política de las mujeres’ en El poder político en España: Parlamentarios y ciudadanía en Madrid: CIS.

Ademais, coordinou libros de referencia na disciplina como Crisis, derechos sociales e igualdad con Alba Nogueira e Isabel Diz ou Ciencia política con perspectiva de género (Akal, 2014), que  recibiu o Premio María Ángeles Durán de Investigación Científica. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2024.