A profesora Rosana Rodríguez, premiada nun congreso internacional de Ciencia Non Lineal
A profesora Rosana Rodríguez López, catedrática de Análise Matemática no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización e investigadora vinculada ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), gañou o premio á mellor presentación no congreso internacional sobre Days of Applied NOnlinearity and Complexity (DANOC 2026) que tivo lugar estes días en Grecia.
O encontro centrouse nos recentes avances no eido da análise non lineal e a complexidade coa fin de explorar a fronteira do coñecemento entre diversos campos científicos dedicados á Ciencia Non Lineal.
O traballo da profesora Rodríguez versou sobre sistemas dinámicos e métodos e técnicas nas ciencias naturais, unha temática enmarcada nas liñas dos proxectos do grupo de investigación Ecuacións Diferenciais Non Lineais da USC.
A exposición da Profesora Rodríguez foi merecedora do premio ao mellor presentación en Ciencia No Lineal da citada conferencia internacional tal e como se anunciou na sesión de clausura.