Ir o contido principal
STG

A profesora da USC Rosa Regueiro presenta este xoves en Santiago o libro ‘El negocio eólico’

A profesora no Master de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Sostible da USC Rosa Regueiro Ferreira presenta en Santiago este xoves, 1 de decembro, o seu libro El negocio eólico. No acto, ás 19.30 horas na Galería Sargadelos, participan tamén a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez, o catedrático Xosé Manuel Beiras e o profesor Xoán Doldán. Publicado pola Editorial La Catarata, o libro parte da tese de doutoramento na que a autora fai un repaso polas políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nos principais países produtores europeos, España e Galicia, así como polas repercusións que o sector tivo na xeración de emprego, entre outras variables clave. Na súa opinión, é un sector que “ten condicionada en España a súa competencia real polo seu particular mapa eléctrico”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2011.