Ir o contido principal
STG

Profesoras da USC asistiron en Madrid á recepción do príncipe de Asturias á Real Sociedade Matemática Española

O príncipe de Asturias recibiu esta semana na Zarzuela unha representación da Real Sociedade Matemática Española (RSME) co motivo da celebración do centenario desta entidade da que el mesmo é presidente de honra. Na audiencia participaron dúas profesoras da Facultade de Matemáticas da USC e vogais na xunta de goberno desta sociedade, Victoria Otero Espinar e Peregrina Quintela.

A RSME é unha sociedade científica que trata de promover e divulgar as matemáticas e as súas aplicacións á vez que fomentar a investigación e ensinanza en todos os niveis educativos. Nestes cen anos a sociedade promoveu numerosas reunións científicas, publicacións periódicas e relacións con outras sociedades nacionais e estranxeiras similares.

En febreiro de 2011, ano do centenario, desenvolveuse o Congreso Bienal da RSME unha actividade que continuou cunha serie de xornadas científicas para dar a coñecer a diversidade de campos nos que a matemática española é relevante.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2012.