Ir o contido principal
STG

Varias profesores do Campus de Lugo participan como relatores no Día do Emprendedor

Agustín Merino participou na inauguración do Día do Emprendedor, no que participaban tamén varios profesoes do Campus de Lugo
Agustín Merino participou na inauguración do Día do Emprendedor, no que participaban tamén varios profesoes do Campus de Lugo

O vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino, participou este xoves na inauguración da III edición do Día do Emprendedor, que se celebrou, presidido polo alcalde, José López Orozco, no Centro de Empresas e Innovación de Lugo.
No acto de apertura estiveron tamén a concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez; o presidente da Fundación CEL, Luis García; o presidente da Cámara de Comercio, Alfredo Mosteirín, e o vicepresidente a Asociación de Jóvenes Empresarios, Rubén López.
Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o Salón de Actos do CEI-NODUS acolleu esta iniciativa, na que participan numerosos mozos e mozas lucenses e tamén de fóra, que están sacando adiante ou pensan poñer en marcha unha iniciativa empresarial.
Este ano, ten lugar nunha única e intensa xornada que comezou ás 9:30 horas e non remata ata as 20:00. Polas instalacións municipais do CEI pasarán relatores que contarán experiencias persoais e estratexias interesantes para acadar o éxito das súas empresas.
No acto de apertura da xornada estiveron representantes de empresas líderes en emprendemento, entre os que se atopaban Guillermo Martínez, de ‘Casa Grande de Xanceda’, Nuria Varela Portas de Orduña, de ‘Pazo de Vilane’; Sergio Horacio Quiroga Rivero, de ‘Ecocelta’; David Calvo Fernández, de ‘Alabaja.com’; Iago Soto Mata, socio fundador de ‘Quobis Networks, S.L.’, e Jorge Sierra, socio fundador de ‘Hoopshype.com’. Será moderadora María Ángeles López Cabarcos, profesora do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da USC e directora da Aula TIC-Pemes do Campus de Lugo.
Tras a conferencia do presidente executivo de Blusens, José Ramón García, o programa da tarde contará cun relatorio sobre as mulleres emprendedoras, co nome O espertar das emprendedoras, a cargo de Loreto Fernández, profesora da Área de Economía Financeira e Contabilidade e directora da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora; Eva López Barrio, directora de Woman Emprende da USC; Yohanna Lemos González, promotora de Inbiogal S.L., e Ana Castro López, promotora de Casa de Baixo. Destaca tamén a conferencia co título A variña do éxito empresarial, da man de José Luis Briones Ramos, Director Xeral de Alquimia Emprendedora, S.L.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2008.