Profesores da Universidade de Arizona avalían nunha conferencia un programa de prevención en mozos que usan alcohol e outras drogas
Os profesores Flavio Francisco Marsiglia e Stephen Kulis, do Southwest Interdisciplinary Research Center (SIRC) da Universidade do Estado de Arizona, realizarán o vindeiro luns, día 7, unha avaliación dun programa de prevención en mozos que usan alcohol e outras drogas. A conferencia destes dous expertos terá lugar ás 12:00 horas na Aula 6 da Facultade de Psicoloxía.
Este acto enmárcase nas colaboracións internacionais entre a USC e a Universidade do Estado de Arizona para a investigación no campo do consumo de drogas e do fenómeno da inmigración, na que colabora activamente a catedrática da Universidade de Santiago Mª Ángeles Luengo Martín, directora da Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta (UDIPRE).