Ir o contido principal
STG

Tres profesores da USC analizan en cadanseu libro da editorial Axac aspectos descoñecidos da vida e da obra de Valle-Inclán

Portadas dos tres novos volumes monográficos sobre a figura de Valle-Inclán publicados por profesores da USC
Portadas dos tres novos volumes monográficos sobre a figura de Valle-Inclán publicados por profesores da USC
Javier Serrano, Rosario Mascato e Amparo de Juan presentarán este xoves na galería Sargadelos de Lugo as novas monografías sobre o xenial autor galego

Os profesores da Facultade de Humanidades do campus de Lugo Javier Serrano Alonso, Rosario Mascato Rey e Amparo de Juan Bolufer, que forman parte do grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela que estuda a obra de Ramón María Valle-Inclán, recollen e analizan en tres novos libros publicados pola editorial Axac de Lugo descoñecidos aspectos da vida e da obra deste xenial autor galego.

O resultado da investigación levada a cabo por estes tres profesores do campus de Lugo da USC, que contou con financiamento público a través do programa de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Cultura, queda agora recollido en tres novas obras monográficas sobre Valle-Inclán, cuxos autores presentarán o venres ao público na galería Sargadelos de Lugo, no transcurso dun acto no que o tamén profesor da USC Luis Miguel Fernández actuará como moderador. Javier Serrano Alonso, do departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística en Xeral da USC, contextualiza e edita en Valle-Inclán: epistolario recuperado interesantes cartas inéditas do escritos que revelan aspectos ata o momento descoñecidos da súa biografía, como é o caso da súa particular relación cos tradutores. A tamén profesora de Literatura Española da USC na Facultade de Humanidades de Lugo rescata en La voz pública de Valle-Inclán: documentos algúns elementos biográficos e bibliográficos pouco coñecidos do autor galego, tales como o son algunhas das entrevistas publicadas ou cartas abertas de firma conxunta, ben escritas polo propio Valle-Inclán ou nas que tivo unha participación significada. O compendio desta documentación esquecida das páxinas da prensa da época sobre a intensa actividade pública do escritor proporcionan unha imaxe renovada do compromiso que como intelectual tiña Valle-Inclán coa sociedade do seu tempo.

A estreita relación que mantiña Ramón María del Valle-Inclán coa cultura portuguesa son obxecto de estudo de Rosario Mascato Rey, investigadora da Cátedra de Valle-Inclán da USC, na obra Valle-Inclán lusófilo: documentos (1900-1936). Nesta publicación, a autora fai unha minuciosa análise da propia biblioteca personal do autor e tamén estuda as relacións e os contactos que mantivo o autor cos intelectuais e cos periódicos portugueses.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2013.