Ir o contido principal
STG

O programa ‘Talentum Startups’ ofrece seis bolsas para realizar prácticas no CiTIUS

As probas de selección terán lugar o próximo 21 de abril na Escola Técnica Superior de Enxeñaría

O CiTIUS da USC actuará como entidade aceleradora do programa Talentum de Telefónica na modalidade de ‘ Talentum Startups’, unha iniciativa de apoio ao alumnado de carreiras tecnolóxicas e ao ecosistema emprendedor xestionado a través de la Fundación SEPI co obxecto de ofrecer aos seus participantes unha experiencia laboral en ámbitos de alta innovación tecnolóxica. Na presente edición, o programa ofrece seis bolsas para a realización de prácticas no CiTIUS durante 6 meses en réxime de xornada parcial (5 horas/día), cunha remuneración de 500 euros mensuais. Terán prioridade aqueles candidatos e candidatas que procedan de áreas tecnolóxicas. As probas de selección –para as que é necesario inscribirse previamente na páxina oficial do evento– terán lugar o próximo 21 de abril ás 11:00 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e posteriormente enviaranse ao xurado de Talentum encargado de tomar a decisión final sobre os aspirantes ao programa. As persoas seleccionadas completarán o seu período de prácticas no CiTIUS incorporándose así a proxectos tecnolóxicos que serán propostos desde os programas científicos do centro. A participación como organismo acelerador no só brinda ao CiTIUS a oportunidade de participar nun dos programas de captación de talento de maior prestixio estatal, senón tamén aos propios bolseiros, que desenvolverán a súa actividade emprendedora nun entorno ideal para proxectos innovadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2015.