Ir o contido principal
STG

A programación de Nadal chega ao Museo Universitario A Domus do Mitreo cun taller sobre enigmas arredor deste espazo lucense

O acceso a este taller será de balde coa adquisición da entrada ao Museo.
O acceso a este taller será de balde coa adquisición da entrada ao Museo.
A actividade dirixida a todos os públicos desenvolverase os días 27e 28 de decembro, así como o 3 e o 4 xaneiro
Lugo

Xa está en marcha unha nova edición dos obradoiros que cada Nadal organiza o Museo Universitario A Domus do Mitreo. Nesta ocasión, baixo o lema ‘Os segredos na Domus’, desenvolverase unha actividade que consistirá en coñecer os segredos deste espazo emblemático para a USC e a cidade de Lugo a través dunha visita guiada dirixida a todos os públicos. O acceso a este taller será de balde coa adquisición da entrada ao Museo.

Tal e como explica a directora da Domus, Dolores Dopico, “antes da visita guiada as persoas asistentes terán que descubrir unha serie de enigmas que lles serán propostos” no marco desta iniciativa cultural pero tamén lúdica que terá lugar os días 27e 28 de decembro, así como o 3 e o 4 xaneiro, ás 11.30 horas. O taller ten unha duración de 35 minutos.

Para participar nesta actividade é preciso formalizar a reserva no teléfono 610 323 926 (de martes a venres de 11.00 a 14.00 horas) ou a través do enderezo electrónico museomitreo.lugo [at] fundacionusc.gal (museomitreo[dot]lugo[at]fundacionusc[dot]gal)  

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2024.